A
xornada completarase cunha cata comentada da adega valdeorresa Godeval
O Hotel Monumento Castelo de Maceda vai
contribuír a estender o amor polo fado, organizando unhas xornadas mensuais que
establecerán un vencello entre esta música e a boa comida. Esta primeira
xornada do castelo combinará o fado de María do Ceo cunha cena preparada polo
cociñeiro e xerente do establecemento, Carlos Parra. A sesión de cena e concerto celebrarase este sábado a partir das
nove e media da noite. Previamente para completar esta actividade, ofrecerase
unha cata comentada dos viños brancos da adega valdeorresa Godeval. A xerente
da adega, Araceli Fernández, será a encargada de presentar as dúas marcas:
Godeval e Godeval Cepas Vellas, elaboradas integramente coa variedade godello.
A cena celebrarase nun dos salóns do Castelo
que estará decorado como un local de fados lisboeta con capacidade para 50
persoas. A ambientación completarase coa música de María do Ceo.
Nestes intres as prazas están todas cubertas e
xa se están recollendo reservas para a próxima velada que será o día 6 de
abril. Nesa data volverá a actuar a fadista María do Ceo e a comida correrá a
cargo nesta ocasión dun cociñeiro portugués.
O xerente do Hotel Castelo de Maceda, Carlos
Parra, explica que as xornadas de “Fado
e Gastronomía”, é unha idea que xa puxo en marcha hai uns anos noutro
establecemento no que estaba traballando e que quere recuperar agora no seu novo
proxecto. A idea é propiciar un intercambio
entre o Castelo de Maceda e as casas de fado de Lisboa, Coimbra e Oporto.
O Hotel Monumento Castelo de Maceda está
aberto ao público dende finais do mes de febreiro e conta con 5 habitacións
para dar aloxamento e o restaurante con pratos de cociña tradicional con toques
de innovación a cargo do cociñeiro e xerente, Carlos Parra.
PROGRAMA do sábado 16 marzo
20 horas: cata comentada dos viños: Godeval e
Godeval Cepas Vellas (DOP Valdeorras)
21:30 horas: Cena
23 horas: Actuación fadista María do Ceo
Prezo por persoa: 45€
No hay comentarios:
Publicar un comentario