lunes, 3 de junio de 2013

Godeval apoiou a estrea da película Vilamor en Cataluña




Os actores e director da película brindaron con Godeval na festa de presentación da película na Casa de Galicia Toxos e Xestas en Hospitalet o pasado 17 de maio


A película de Ignacio Vidal Vilamor aterrou en Cataluña no mes de maio cos actores e a actriz protagonistas, Rubén Riós, Xoél Yáñez e Sabela Arán. Hospitalet, Badalona e Barcelona foron os lugares das presentacións co gallo do Día das Letras Galegas 2013, organizados a iniciativa da Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, a través do seu delegado de Xuventude, Álvaro Prieto, e coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

A primeira das presentacións foi na localidade de Hospitalet, o pasado 17 de maio, onde se reuniron máis de 400 personas para ver en galego a película ( que tamén se pode ver en catelán e catalán). Acto seguido celebrouse unha festa no exterior da casa da asociación Toxos e Xestas. Nela estivo presente Godeval para brindar con todos.

Vilamor relata unha historia de amor nunha das primeiras comunas hippies da Europa dos anos setenta. Está basada en feitos reais acontecidos na década dos 70 na montaña de Lugo, concretamente, nos Ancares á beira do Río Navia.

Agradecemos a Via Lactea filmes o envio destas fotos do acto.

Enlaces:

https://www.facebook.com/vilamorfilme

http://vilamor.p.ht/web/gl/blog/ver/comezamos-percorrido-da-caravana-por-cataluna/

No hay comentarios:

Publicar un comentario