O club Peña Trevinca Barco e o Concello de O
Barco de Valdeorras organizan o VI Trofeo de Orientación "Camiño do
Inverno, Terras de Valdeorras" mañá sábado,18 de maio. Haberá dúas
carreiras, unha pola mañá puntuable para a liga galega, de distancia media. A
saída será a partir das 10:30 horas na localidade barquense de Xagoaza. O prazo
para apuntarse pechouse o martes con 253 participantes inscritos. Todos eles
estarán na proba de mañá facendo o percorrido marcado polos montes de Xagoaza.
A saída e chegada desta proba farase no entorno de Godeval e ademais a adega colabora cos organizadores entregando lotes de viño para os gañadores dalgunhas categorías.
Despois
, ao redor das 17 horas, farase unha
carreira do tipo sprint (lúdica, non puntuable para a liga), con saída dende
a Praza Andrés de Prada de O Barco
(Carreira Sprint Festas de Santa Rita 2013), utilizando o mapa da zona de “O Salgueiral” realizado en marzo de 2012 por
Javi er
Arufe e Natalia Pedre, e actualizado en abril de 2013. Os inscritos na proba da
mañá participarán nesta carreira da
tarde xa que era un dos requisitos, apuntarse na de distancia media para
participar na carreira sprint da tarde.
Este Trofeo de Orientación conta con varios
patrocinadores aos que a organización lle agradece a súa colaboración:
Gadis, Coca Cola, Talleres Meleiro, Bodegas Godeval y Pazo do Castro.
Para obter máis información sobre esta proba:
No hay comentarios:
Publicar un comentario